↧
UNHA MANCHEA DE BICOS
↧
OBRADOIRO DE SORRISOS
↧
↧
BICOS EMOCIONANTES
Nos bicos existe unha gran riqueza emocional. Na nosa aula foron varias as actividades propostas: bicos con boca postiza,bicos de cores, bicos de estalo, bicos con risas, bicos con abrazos, bicos fortes ou suaves...
Como disfrutamos moitísimo, convidamos aos nosos compañeiros do grupo B.
Como disfrutamos moitísimo, convidamos aos nosos compañeiros do grupo B.
Adri trouxo da casa, unha boca de plástico, xogamos a dar bicos con ela. Rimosssss un montón!!!
E AGORA OS BICOS COS NOSOS COMPIS DE B
↧
DEBUXOS CON CORAZÓN
↧
CARTEL DO ENTROIDO
↧
↧
PUZZLEMOCIONANTES
Os quebracabezas son unha ferramenta que proporciona nos nen@s, o desenvolvemento de moitas habilidades mentáis: ( cognitiva, resolución de problemas,desenvolvemento motricidade fina, coordinación óculo-manual, promove o xogo cooperativo, potencia a autoestima no logro e no impulso de confianza en sí mesmos...).
Hoxe xogamos a unir corazóns quebrados, para atopar palabras relacionadas coas emocións.Despois fixemos unha lista de todas as palabras atopadas.
↧
LATEXOS CON PIRULETA
↧
DÍA DA PAZ
Para celebrar o "DÍA DA PAZ", foron varias as actividades organizadas a través dos diferentes equipos ( complementarias-extraescolares, ENDL e ciclos). Ao longo desta semana coñecemos aos Premios Nóbel da Paz 2014, a Malala Yousafzai e a Kallas Satyarthi.
Sen esquecernos de Ghandi no aniversario da súa morte.
E hoxe día 30, festexámolo ao grande:
- cantando e bailando “Quérote Máis” de Sonoro Maxín
- degustamos tortilla de patacas con xamón (grazas aos nos@s cociñeir@s polo esforzo realizado)
- para rematar, liberamos o poema " Amiguiños todos".
Colgaranse na web do centro, os vídeos do baile e dos poemas liberados.
↧
TECENDO LATEXOS
↧
↧
ATANDO OS CORDÓNS
Un paso máis na súa independencia e autonomía. Con paciencia e práctica, podemos ver como van aprendendo a atarse os cordóns, soiñ@s. Grazas familias por axudarnos nesta tarefa.
Hoxe Samuel demostroúnolo,MOITOS PARABÉNS !!!
Hoxe Samuel demostroúnolo,MOITOS PARABÉNS !!!
↧
DOCES LATEXOS
↧
CHEGA O ENTROIDO
↧
CHEGOU O DÍA DO FESTEXO
↧
↧
LATEXO VAI, LATEXO VEN...
↧
CUMPRES MES DE FEBREIRO
↧
A GRATITUDE
Seguimos co percorrido emocional dentro das nosas aulas. A continuación do amor, propuxémonos coñecer e sentir a gratitude.
Dise que é a memoria do corazón, nada mellor que despois de sentir os latexos,transformar o que temos en suficiente e máis.
A gratitude é a alma da palabra "grazas", e multiplícase cada vez que somos capaces de ver, no cotián, un agasallo: no sorriso dun amig@, nunha canción, nunha comida...
A gratitude ensínanos a gozar máis da vida.
Con ela:
- recoñecemos e valoramos todo o recibido
-apreciamos as cousas máis aló da utilidade e eficacia
-temos capacidade de estar ao servizo dos outros desinteresadamente
-admiramos, contemplamos, descobremos, recoñecemos, festexamos, valoramos e agradecemos o bo que nos rodea.
POIS ALÁ IMOS, A SENTILA E A VIVILA O ALUMNADO DE 5 ANOS...
As actividades realizadas hoxe, foron:
- asemblea (coñecemento que teñen os nen@s sobre a gratitude, baixo a pregunta: que é a gratitude?)
-Conto " A avoiña"
-Formas de demostrala ( con palabras, xestos...)
- Lectura de imaxes
A palabra máxica da gratitude " grazas".
A gratitude é a memoria do corazón.
Grazas polos alimentos.
Coa gratitude disfrutamos. Lectura desta imaxe.
↧
COIDAMOS AS MANEIRAS
↧
↧
FABRICANDO NÚMEROS
Permitir que o nen@ manipule, observe, descubra e chegue a constuir o seu propio pensamento, é fundamental. É o alumnado quen debe realizar a experiencia e quen chegue ao descubrimento dos conceptos polos seus propios medios.
Aquí podemos ver como eles soiñ@s poden descompoñer un número en dous sumandos, coa axuda de cubiños.
Aquí podemos ver como eles soiñ@s poden descompoñer un número en dous sumandos, coa axuda de cubiños.
↧
REGLETAS CUISENAIRE
As regletas cuisenaire son un material matemático que nos axuda a que os nen@s se familiaricen coa composición e descomposición dos números, e a súa vez se inicien en actividades de cálculo, a través da súa manipulación.
Aquí podemos ver a Xoel, manipulando as regletas para compoñer o 5 de diferentes maneiras.
Aquí podemos ver a Xoel, manipulando as regletas para compoñer o 5 de diferentes maneiras.
↧
MARMELADA DE GRATITUDE
É fundamental tomar conciencia de que, nas nosas vidas, acontecen e temos cousas estupendas que é importante mantelas na memoria emocional e agradecelas cada día, para que poidamos nutrirnos e adozarnos delas.
Nesta ocasión a modo metafórico, fixemos "MARMELADA DE GRATITUDE", temos moitos ingredientes emocionais que son reservas de gratos momentos, que nos aportan enerxía complementaria no noso día a día.
Para realizar esta actividade escribimos palabras de agradecemento e introducímolas nun bote de cristal. Etiquetamos e aquí tendes a nosa marmelada...
↧